← Volver atrás

Rodríguez Fernández, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

As Palmas de Gran Canaria
- 09/09/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e político, 26 anos. Casou con Pilar Álvarez Fernández; tiveron unha filla. Veciños de Santa María de Vilanova de Valdeorras, O Barco de Valdeorras. Irmán de Gerardo Rodríguez Fernández, Gerinaldo, executado.

Militante do PCE e presidente do grupo comunista de Vilanova.

Encarcerado.

Logo do golpe de Estado andou en fuga; prendérono o 27/02/1937.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 05/08/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 331/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

No dito xuízo condenaron á pena de morte aos irmáns Francisco Rodríguez Fernández e Gerardo Rodríguez Fernández; pena de 12 anos e un día para Jovito Arias López; declararon fuxidos e en rebeldía a: Venancio García Fariñas e Manuel Silva.

Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.

Internárono no Cuartel de San Francisco e trasladárono á Prisión Provincial de Ourense o 11/11/1937.

Finou no campo de traballo da Carretera do Centro, nas Palmas.

No ano 1938 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas e sancionárono, no ano 1941, cunha multa de 100 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha