← Volver atrás

Rodríguez Fernández, Gerardo

Alcume: Gerinaldo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e político, 31 anos. Casou con Luisa Álvarez Fariñas; tiveron tres fillos. Veciños de Santa María de Vilanova de Valdeorras, O Barco de Valdeorras. Irmán de Francisco Rodríguez Fernández, encarcerado.

Militante do PCE e presidente do Sindicato Obreiro e Campesiño de Vilanova.

Concelleiro do Barco de Valdeorras en 1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP).

Executado.

Prendérono os fascistas despois do alzamento sedicioso de xullo de 1936.

Xulgado en consello de guerra o día 05/08/1937 en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 331/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

No dito xuízo condenaron á pena de morte aos irmáns Francisco Rodríguez Fernández e Gerardo Rodríguez Fernández; pena de 12 anos e un día para Jovito Arias López; declararon fuxidos e en rebeldía a: Venancio García Fariñas e Manuel Silva.

Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Asasinaron no Campo de Aragón nese día a estas cinco persoas: José González Tesouro, Machadiña; José Fernández Pérez, Pepe da Botica; Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias e Gerardo Rodríguez Fernández, Gerinaldo.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no ano 1938 e condenárono ao pago dunha sanción de 100 pesetas en 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha