Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 54 anos. Veciño de Ousende, San Vicente de Coucieiro, Paderne de Allariz.
Na II República foi vogal da Agrupación Socialista (AS) de Paderne de Allariz no ano 1932 e dirixente da Sociedade de Oficios Varios de Ousende; un dos homes de confianza de Benigno Álvarez González.
Executado.
A José prendérono en Ourense o día 04/04/1937 na casa de Rosa Blanco Lamela, onde se agochaba desde o alzamento. Machadiña era un dos escapados máis buscados de Allariz.
Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 23/07/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 485/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a José González Tesouro, a 12 anos e un día a Rosa Blanco Lamela e absolveron a Etelvino Diz Megid.
Os franquistas fusilaron no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense, nese día a estas cinco persoas: José González Tesouro, Machadiña; José Fernández Pérez, Pepe da Botica; Severino Nóvoa Gutiérrez; Enrique Nanín Ansias e Gerardo Rodríguez Fernández, Gerinaldo.
Procesárono por responsabilidades públicas con Rosa Blanco; o seu expediente sobresérono no ano 1949.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.