Nacemento:
Morte:
Militar e político, 24 anos.
Militante do PCE desde os anos trinta.
Durante a folga xera revolucionaria de outubro de 1934 fixo retardar na súa bisbarra ás tropas que saían cara a represión no Principado de Asturias. Logo estivo 15 meses refuxiado en Chaves, Vila Real (Portugal) ata o triunfo da Fronte Popular (FP).
Fuxido. Executado.
Despois do golpe militar organizou un grupo guerrilleiro.
Pasou a Portugal e de alí marchou para alistarse no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, que loitou na fronte asturiana; acadou o grao de tenente no Corpo de Sanidade. Xa en Cataluña incorporouse á XI División e, despois, ao V Corpo de Exército, onde foi tenente de información do Estado Maior.
Ao remate da contenda pasa a Francia o día 11/02/1939. O PCE mándao a Cuba ao estourar a II Guerra Mundial, chegou o 29/11/1939.
Chegou de volta á Coruña o 26/03/1940 e actuou entre Galicia e Portugal. No país veciño participou na dirección do PCE no exilio.
Arrestárono os represores en Vigo o 26/10/1941.
Xulgado en consello de guerra en Madrid co resultado de sentenza á pena de morte.
Estivo uns meses na prisión de Porlier (Madrid).
Asasinárono os franquistas nas tapias do Cemiterio do Este, en Madrid, con Francisco Barreiro Barciela, Isidoro Diéguez Dueñas (Puertollano, Ciudad Real), Jesús Larrañaga Churruca (Urretxu, Guipúscoa), Manuel Asarta Imaz (Donostia, Guipúscoa), Joaquín Valverde, Jesús Gago e Jaime Girabau Estévez, (Sabadell, Barcelona).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.