← Volver atrás

Rodríguez Guerra, Amador

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

O Canedo, Santa Xiá de Monfero, Monfero
(A Coruña)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santo Estevo de Eirexalba, O Incio
(Ourense)
- 19/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, escritor, xornalista e político, 42 anos. Casado en 1919 coa mestra Eduviges Díaz Gallego. Veciños de San Martiño da Ferreirúa, A Pobra do Brollón (Ourense). Instalouse na Coruña e iniciouse no xornalismo. No ano 1920 a parella instalouse en Ferrol (A Coruña). Traballou na Sociedad Española de Construcción Naval (SECN) de Ferrol.

Ingresou na Armada en 1922 e pediu a excedencia no ano 1928.

Colaborou con El Ideal Gallego, Ecos del Eume, El Pueblo Gallego. Dirixiu o xornal La Voz del Agro.

A mediados de 1918, baixo a súa iniciativa, constituíuse a Sociedade Labrega de Defensa Veciñal de Val Xestoso, Monfero (A Coruña).

Agrarista. Na II República creou o Partido Agrario Radical Galego (PARG) a primeiros do ano 1931.

Prendérono e encarcerárono con outros dirixentes coruñeses por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, xulgáronos e resultaron exculpados; defendeunos José Miñones Bernárdez, Pepe Miñones; exculpárono e deixáronos en liberdade. Por mor da súa estadía na cadea afastouse da política e o PARG xa non se presentou ás eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Cando se produce o alzamento achábase na Pobra do Brollón e participo na requisa de armas organizada polas autoridades republicanas. Permaneceu na zona de San Salvador de Ferreiros, A Pobra de Brollón, ata que o prenderon os fascistas da Escuadra Negra das milicias falanxistas de Eirexalba o día 19/08/1936 e asasinado preto do encoro de Vilasouto, Eirexalba.

Morte rexistrada no Val do Incio, o día 18/09/1936, a causa de hemorraxia producida por feridas de arma de fogo e arma inciso-cortante.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha