← Volver atrás

Rodríguez Gutiérrez, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Pontenova
(Lugo)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Canteiro, 25 anos. Solteiro. Veciño de San Vicente de Vilameá, A Pontenova.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 06/08/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de sedición e lesións, na causa 1017/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 14/04/1937. Proceso desenvolto contra varios veciños da Pontenova.

Condenaron á pena de morte a: Manuel Enríquez Fernández e José-María Gallo Gallo; castigos de cadea perpetua para: Benjamín Martínez Rodríguez e Jesús Rodríguez Gutiérrez. O auto ditou sentenza de sobresemento provisorio para: Anselmo Basanta Cancio, Manuel Lombardía Muruais e Darío López López, e declarou fuxidos a: Manuel Lastra Corredoira e Jesús Sampedro Vázquez.

Trasladado ao cárcere das Palmas de Gran Canaria o día 06/03/1939.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Interno na Prisión Provincial das Palmas, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 268 do día 25/09/1941.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha