Nacemento:
Morte:
Labrego, xornaleiro e sindicalista, 58 anos. Casado. Veciños de Pacios, Santiago de Vilaoudriz, A Pontenova (Lugo).
Dirixente da UXT na Pontenova. Vicepresidente do Sindicato de Obreiros Mineiros de Lugo, na Sección da Pontenova en 1923. Presidente en 1936 da Agrupación Social Obreira (ASO) La Lucha da súa localidade.
Concelleiro da Pontenova.
Executado.
Cando se produce a agresión militar de xullo de 1936 formou parte do Comité da Fronte Popular (FP) de Vilameá e Vilaoudriz.
Prendérono os franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 17/08/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1017/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Proceso desenvolto contra varios veciños da Pontenova.
Condenaron á pena de morte a: Manuel Enríquez Fernández e José-María Gallo Gallo; castigos de cadea perpetua para: Benjamín Martínez Rodríguez e Jesús Rodríguez Gutiérrez. O auto ditou sentenza de sobresemento provisorio para: Anselmo Basanta Cancio, Manuel Lombardía Muruais e Darío López López, e declarou fuxidos a: Manuel Lastra Corredoira e Jesús Sampedro Vázquez.
Fusilado ás 06:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.
Nese lugar e data asasinaron a: Marcelino Albo Meitín, obreiro; Manuel Enríquez Fernández, labrego; Faustino Fernández Cartategui, xornaleiro; Daniel Fernández López, xornaleiro; José-María Gallo Gallo, mestre; Antonio García Gómez, carteiro; Eduardo Linares García, xornaleiro, e Emilio-Manuel Timiraos Cervo, carpinteiro.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.