← Volver atrás

Timiraos Cervo, Emilio-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 28/02/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 29/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e político, 27 anos. Casado. Veciño de Viveiro. Irmán de Manuel Timiraos Cervo, tamén executado.

Militante do PCE e secretario da UXT. Secretario sindical do Radio Comunista de Viveiro.

Durante a folga xeral revolucionario de outubro de 1934 detivérono e procesárono por coaccións.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.

Detivérono no Corgo (Lugo) o día 23/10/1936, ingresárono no depósito de Viveiro e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 06/04/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 949/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo ditáronse as seguintes sentenzas: condenas á pena de morte para: Marcelino Albo Meitín e Emilio-Manuel Timiraos Cervo; cadea perpetua para: José Chao Rivera e Jesús López Suárez; sentenza de sobresemento provisorio para Manuel del Valle Fernández e, a José Castro Vázquez, declarárono fuxido.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Nese lugar e data asasinaron a: Marcelino Albo Meitín, obreiro; Manuel Enríquez Fernández, labrego; Faustino Fernández Cartategui, xornaleiro; Daniel Fernández López, xornaleiro; José-María Gallo Gallo, mestre; Antonio García Gómez, carteiro; Eduardo Linares García, xornaleiro, e Emilio-Manuel Timiraos Cervo, carpinteiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.