← Volver atrás

Parapar Sueiras, César

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 17/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e político, 35 anos. Casado; tiñan dous fillos. Veciños de San Cibrao de Vieiro, Viveiro. Emigrou no ano 1916 a A Habana (Cuba), foi empregado de comercio e estuda contabilidade. Volveu a Viveiro no ano 1921.

Membro das Irmandades da Fala en Viveiro e, logo, da Irmandade Nacionalista Galega (ING).

Presidente do Partido Galeguista (PG) de Viveiro no ano 1931. Secretario de actas do grupo galeguista no ano 1933. No ano 1936 era concelleiro e tenente de alcalde de Viveiro polo PG, dentro da coalición electoral da Fronte Popular (FP).

Executado.

Acusado polos fascistas de ter ideas separatistas e de dirixir a oposición ao alzamento.

Arrestárono e ingresárono no depósito de Viveiro o día 27/07/1936 e logo trasladárono á Prisión Provincial de Lugo, onde o internan o 18/09/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por ocupación de armas e explosivos na causa 212/36.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 08/12/1936.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.

Fusilárono os sediciosos ás 08:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Nesta data executaron aos veciños de Viveiro: Ángel Fraga Orosa, Manuel Guerreiro Rivera, César Parapar Sueiras, Javier-Victoriano Soto Valenzuela e Ángel Varela Freijeiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha