← Volver atrás

Soto Valenzuela, Javier-Victoriano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 17/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, escritor, xornalista e político, 43 anos. Casou no ano 1924 con María del Carmen Vázquez González. Veciños de Viveiro (Lugo). Perito mercantil pola Escola de Comercio de Vigo. Desde 1933 traballa como contable en Viveiro na Conserveira López Santos.

Redactor xefe do xornal vigués La Garra. Colaborador de A Nosa Terra, El Pueblo Gallego, La Concordia.

Membro das Irmandades da Fala en Vigo desde 1919.

Militante nacionalista, foi presidente da Mocidade de Vigo no ano 1921. Presidente da Asociación de Empregados Mercantís Mercurio e, na súa representación, concelleiro de Vigo no ano 1929.

Durante a II República elixírono concelleiro de Vigo en 1931 por Alianza Agraria. Participou na asemblea de Santiago de Compostela (A Coruña) de xullo de 1932, que nomeou a comisión encargada da redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). En 1933 únese ao Partido Galeguista (PG).

Instalado en Viveiro (Lugo), nomeárono secretario do Comité Local de Esquerda Republicana (ER) no mes de novembro de 1935 e, no mes de febreiro de 1936, elixírono concelleiro e tenente de alcalde de Viveiro por ER, dentro da coalición da Fronte Popular (FP). O día 18 de xullo era o alcalde en funcións, por atoparse o titular presentando o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) en Madrid.

Executado.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 27/07/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 08/12/1936.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.

Fusilárono os golpistas ás 08:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Asasinaron nesta ocasión aos veciños de Viveiro: Ángel Fraga Orosa, Manuel Guerreiro Rivera, César Parapar Sueiras, Javier-Victoriano Soto Valenzuela e Ángel Varela Freijeiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.