← Volver atrás

Seco Catá, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Comerciante, 23 anos. Veciño de Viveiro.

Militante do PSOE, tesoureiro e logo vogal, no ano 1936, da Agrupación Socialista (AS) de Viveiro. Concelleiro e tenente de alcalde 3º de Viveiro no ano 1936 polo PSOE, dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Fuxido. Exiliado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 08/12/1936.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.

Xulgado tamén en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 903/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 07/01/1937.

Ditáronse as seguintes sentenzas de pena de morte para: Jesús Bellas Cao e Agustín Rouco Vilar; castigaron a cadea perpetua a: Antonio Andrade Teixeira, José Chao González, José Doval Guerreiro, José Fraga Otero, Elías García Insua, Antonio González Costa, Jesús Lage López, Luis Paleo Leal, Manuel-José Parapar Díaz, José Pernas Vizoso, Vicente Quelle Cociña, Sebastián Romero Sánchez e Severino Sanjurjo Fernández; 20 anos de prisión para Carmen López Parapar; Sentenciaron a 15 anos de cadea a: Miguel Álvarez Insua, Francisco Martínez Oca, Francisco Pardo Timiraos, Avelino Prieto Rodríguez, José-María Sánchez Fernández, Jesús Sánchez García e José Timiraos Trasancos; condenaron a oito anos a Manuel Chao Pérez; declararon fuxidos a: Severino Bouza Pardo, Francisco-José García Gómez, Pedro López Fernández, Manuel Rodríguez Lago, José Seco Catá, Andrés Vale Blanco, Manuel del Valle Fernández e Modesto Vilar Insua.

Exiliouse en Uruguai e na República Arxentina.

Procesárono no Tribunal Militar de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.