Nacemento:
Morte:
Modista, 25 anos. Solteira. Veciña de Viveiro. Filla do presidente da Agrupación Socialista (AS) de Viveiro, José López Martínez, o Rabadelo, morto na cadea.
Presidenta de La Unión de Hermanas Proletarias Socialistas de Viveiro desde xuño de 1936.
Encarcerada. Sancionada.
Implicada na defensa da legalidade republicana cando se produce a sublevación militar, os fascistas acusárona de colaborar na fabricación de bombas.
Prendérona os franquistas, ingresárona no depósito de Viveiro o día 23/08/1936 e trasladárona á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgada en consello de guerra en Lugo o día 25/08/1936 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 903/36 e con outros 44 homes máis, co resultado de sentenza a 20 anos de cadea e multa mancomunada de 200.000 pesetas. O fiscal do proceso era Hernán Martín-Barbadillo Pául.
Neste proceso ditáronse as seguintes sentenzas de pena de morte para: Jesús Bellas Cao e Agustín Rouco Vilar; castigaron a cadea perpetua a Antonio Andrade Teixeira, José Chao González, José Doval Guerreiro, José Fraga Otero, Elías García Insua, Antonio González Costa, Jesús Lage López, Luis Paleo Leal, Manuel-José Parapar Díaz, José Pernas Vizoso, Vicente Quelle Cociña, Sebastián Romero Sánchez e Severino Sanjurjo Fernández; 20 anos de prisión para Carmen López Parapar; Sentenciaron a 15 anos de cadea a Miguel Álvarez Insua, Francisco Martínez Oca, Francisco Pardo Timiraos, Avelino Prieto Rodríguez, José-María Sánchez Fernández, Jesús Sánchez García e José Timiraos Trasancos; condenaron a oito anos a Manuel Chao Pérez; declararon fuxidos a: Severino Bouza Pardo, Francisco-José García Gómez, Pedro López Fernández, Manuel Rodríguez Lago, José Seco Catá, Andrés Vale Blanco, Manuel del Valle Fernández e Modesto Vilar Insua.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de seis anos de prisión.
Xulgada en consello de guerra en Lugo por insulto ás forzas armadas, na causa 1052/36, co resultado de sentenza a un ano de prisión correccional.
Enviárona á prisión de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa) o día 20/02/1938 e, despois, á de Barcelona o 02/08/1940.
Excarcerárona o día 19/08/1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.