← Volver atrás

Álvarez Insua, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 18/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 31 anos. Casado. Veciño de San Xoán de Covas, Viveiro. Irmán de Tomás Álvarez Insua, tamén encarcerado.

Militante da UXT de Viveiro.

Encarcerado.

Despois de producirse o golpe de Estado detivérono en xullo de 1936.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 25/09/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 903/36, co resultado de sentenza a 15 anos de cadea.

Neste proceso ditáronse as seguintes sentenzas: pena de morte para Jesús Bellas Cao e para Agustín Rouco Vilar; castigaron a cadea perpetua a: Antonio Andrade Teixeira, José Chao González, José Doval Guerreiro, José Fraga Otero, Elías García Insua, Antonio González Costa, Jesús Lage López, Luis Paleo Leal, Manuel-José Parapar Díaz, José Pernas Vizoso, Vicente Quelle Cociña, Sebastián Romero Sánchez e Severino Sanjurjo Fernández; 20 anos de prisión para Carmen López Parapar; sentenciaron a 15 anos de cadea: Miguel Álvarez Insua, Francisco Martínez Oca, Francisco Pardo Timiraos, Avelino Prieto Rodríguez, José-María Sánchez Fernández, Jesús Sánchez García e José Timiraos Trasancos; condenaron a oito anos a Manuel Chao Pérez; declararon fuxidos a: Severino Bouza Pardo, Francisco-José García Gómez, Pedro López Fernández, Manuel Rodríguez Lago, José Seco Catá, Andrés Vale Blanco, Manuel del Valle Fernández e Modesto Vilar Insua.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.

Concédeselle a prisión atenuada o día 24/08/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha