← Volver atrás

Valle Fernández, Eugenio del

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre industrial, 31 anos. Solteiro. Veciño de Viveiro (Lugo). Mestre da Escola de Traballo de Viveiro. Irmán de Manuel del Valle Fernández, tamén encarcerado.

Vogal das Xuventudes Católicas en Viveiro no ano 1929. Militante do Partido Galeguista (PG).

Fuxido. Depurado. Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 08/12/1936.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 16/04/1939.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 344/39, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 07/08/1939. Proceso contra varios veciños de Viveiro e Xove.

No xuízo ditouse a pena de cadea perpetua para Manuel del Valle Fernández e auto se sobresemento provisorio para José Rodríguez Martínez e Eugenio del Valle Fernández.

Depurado como mestre da Escola de Traballo.

Puxérono en liberdade o día 21/05/1939

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha