← Volver atrás

Fernández Picos, José

Alcume: Barrendeiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado. Desaparecido

Nacemento:

Ourol
(Lugo)
- 01/01/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 57 anos. Casado con Amadora Gradaille Balseiro (+22/01/1938). Veciños de San Pedro de Miñotos, Ourol. Irmán de Juan Fernández Picos, encarcerado.

Concelleiro de Viveiro (Lugo) polo PSOE en 1931. Vicepresidente e logo presidente da Agrupación Socialista (AS) de Viveiro no ano 1936. Militante da UXT.

Fuxido. Executado. Desaparecido.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 08/12/1936.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal.

O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.

Procesárono en outras causas.

Pénsase que no ano 1940 se agochaba en Miñotos, onde tiña familia.

Semella que o torturaron e o asasinaron os fascistas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha