Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 38 anos. Casado. Veciño e mestre de San Cibrao de Vieiro, Viveiro (Lugo). Obtivo o título de mestre superior en 1917 na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestre da sociedade Liga Santabaiesa, logo de Santa María de Chavín, en Viveiro e, desde 1930, de Vieiro.
Afiliado da UXT, foi presidente da Asociación de Mestres Nacionais do partido xudicial de Viveiro no ano 1934.
Militante de Esquerda Republicana (ER) e concelleiro de Viveiro en 1936 pola coalición da Fronte Popular (FP) e tamén tenente alcalde.
Redactor de Aurora e colaborador de Galicia Pintoresca, Vida Escolar e Faro Villalbés.
Executado.
Despois do golpe de Estado prendérono os rebeldes o día 28/07/1936 e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 814/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 08/12/1936.
A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.
Fusilado ás 08:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.
Executaron nesta ocasión os veciños de Viveiro: Ángel Fraga Orosa, Manuel Guerreiro Rivera, César Parapar Sueiras, Javier-Victoriano Soto Valenzuela e Ángel Varela Freijeiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.