← Volver atrás

Rodríguez Pereira, Nicolás

Alcume: Colás
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Fene
(A Coruña)

Morte:

O Reboredo, Santa Mariña de Sillobre, Fene
- 30/07/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciño de Fene.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Integrouse na guerrilla antifranquista no ano 1945 no grupo do cenetista Gregorio Dopico Fernández, Bolichero, Yoyo.

Na casa da súa tía Mercedes Bavado Freire, en Fene, os guerrilleiros tiñan un refuxio ao que se accedía por unha trapela que se atopaba debaixo da cama de Mercedes.

Matouno a Garda Civil nun cerco nunha canteira no monte Reboredo, que bordea a estrada a Lavandeira, xunto con Gregorio Dopico Fernández o día 30 de xullo. As forzas represivas que os tiñan rodeado eran moi superiores en número.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de agresión ás forzas armadas, na causa 377/47, co resultado de sentenza de sobresemento por mor da súa morte.

Neste expediente procesaron a Gregorio Dopico Fernández e a Nicolás Rodríguez Pereira; para este último ditaron sentenza de sobresemento por morte anterior.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha