Nacemento:
Morte:
Ferreiro, chapista e político, 38 anos. Casado con Carmen Vila Barros; tiveron cinco fillos. Veciños da Estrada. Despois de traballar na Coruña, Ferrol e Betanzos abriu un taller de carrocerías para automóbiles no ano 1929 na Costa, A Estrada, con José Campañó.
Presidente da Sociedade Labrega de Guimarei e do Comité Executivo da Federación de Labregos.
Militante do PCE. Concelleiro e 5º tenente de alcalde da Estrada despois das eleccións de febreiro de 1936, concelleiro de Instrución Pública.
Executado.
No primeiro momento do golpe era partidario de non enfrontarse aos sublevados e participou na recollida de armas para entregalas no cuartel d Garda Civil. Prendérono os sediciosos.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste proceso xulgaron a: Ramón Fernández Rico, carpinteiro; Manuel Nogueira González, carpinteiro; José-María Pena López, industrial; Jesús-Ignacio Puente Fontanes, xastre; José Rodríguez Sangiao, ferreiro e chapista, e Cándido Tafalla Froiz, industrial. Fusiláronos aos seis en Pontevedra.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilárono os franquistas ás 06:00 h en Pontevedra, no quilómetro 1 da Avenida de Bos Aires.
Morte rexistrada en Pontevedra a causa dunha hemorraxia interna.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.