Nacemento:
Morte:
Xastre e político, 37 anos. Vivía cunha compañeira; tiñan tres fillos. Veciños da Estrada. Era dono dunha xastrería na rúa Peregrina, 4, na Estrada.
Vencellado ao Sindicato Labrego de Guillarei. Figurou na candidatura do Centro Republicano que gañou as eleccións municipais do ano 1931 e que deron paso á II República. Sendo xa tenente de alcalde, unha crise municipal ascendeuno á alcaldía da Estrada en 1934. Foi secretario de propaganda de Esquerda Republicana (ER) e ocupou novamente a alcaldía o día 05/03/1936 na xestora municipal.
Detido por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e liberado ao pouco tempo.
Executado.
Cando se produce o golpe militar achábase en Madrid coa comisión que presentaba o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG), quedando de alcalde accidental Ramón Fernández Rico. O día 20 de xullo xa estaba na Estrada, onde ordenou a detención de simpatizantes fascistas e organiza as expedicións na defensa de Pontevedra. O día 21 destituírono e o 22 detivérono os golpistas.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste proceso xulgaron a: Ramón Fernández Rico, carpinteiro; Manuel Nogueira González, carpinteiro; José-María Pena López, industrial; Jesús-Ignacio Puente Fontanes, xastre; José Rodríguez Sangiao, ferreiro e chapista, e Cándido Tafalla Froiz, industrial. Fusiláronos aos seis en Pontevedra.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Executado ás 06:00h no quilómetro 1 da Avenida de Bos Aires, en Pontevedra.
Morte rexistrada en Pontevedra a causa dun colapso cardíaco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.