Nacemento:
Morte:
Garda civil. Veciño de Santiago de Compostela (A Coruña). Número da Garda Civil destinado na cidade compostelá.
Represor.
Ricardo Lorenzo Seoane estaba reclamado polo Xulgado Militar de Ferrol (A Coruña) e os gardas civís Alejandro Ruiz Nidáguila e Alfonso Álvarez Veloso asasinárono en Nosa Señora de Fátima do Castiñeiriño, Santiago de Compostela.
Ao panadeiro de Santiago de Compostela Eduardo Puente Carracedo, o Nécoras, capturárono os sediciosos e encarcerárono en Santiago de Compostela, de onde o sacaron para pasealo. Asasinárono o día 28/06/1937, cando tentaban detelo, o sarxento Peñaranda, do Corpo de Seguridade e Asalto de Santiago de Compostela, os gardas de seguridade Cagide e Vázquez Carreira e o garda civil Alejandro Ruiz Nidáguila. O cadáver de Eduardo apareceu no lugar da Amañecida, San Martiño de Laraño, en Santiago de Compostela.
Maximino Rial Limens, tapiceiro de Santiago de Compostela, agochárase nun dobre tabique no seu domicilio na rúa Camiño do Manicomio, en Santa María de Conxo, Santiago de Compostela, onde o capturou a Garda Civil o día 29/07/1937. Ao día seguinte o sarxento Peñaranda, do Corpo de Seguridade e Asalto de Santiago de Compostela, o cabo deste corpo Armando Camino e o garda Constantino López Soto, xunto cos gardas civís Alejandro Ruiz Nidáguila, Alfonso Álvarez Veloso e Francisco Ojeda Piñeiro, asasinárono no lugar da Rocha na aplicación da Lei de Fugas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.