← Volver atrás

Sá Bravo, Luis de

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Pontevedra
- 29/12/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 26 anos. Veciño da Illa de Arousa (Pontevedra). Irmá de Constante de Sá Bravo, procesado. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando no ano 1932. Como primeiro destino tivo a escola do pósito da Illa de Arousa.

Presidente da Federación Universitaria Escolar (FUE). Líder das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU). Militante da Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra e de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Defensor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) polo que fixo unha comprometida campaña. Participou na campaña electoral de febreiro de 1936.

O día 07/10/1934 designárono ministro de Cultura da chamada República Federal da Illa de Arousa.

Fuxido. Depurado. Encarcerado.

Os fascistas acusárono de participar na requisa de armas no momento do alzamento militar.

Despois do golpe militar fuxiu e mantívose en agochos ata xuño de 1939, cando se presenta ás novas autoridades fascistas.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo en setembro de 1936.

Ingresado na Prisión Provincial de Pontevedra o día 15/06/1939.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 26/02/1940 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 560/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión segundo resolución do 21/03/1940.

Os procesados neste xuízo recibiron os castigos de cadea perpetua para: Rafael Chacón Mouriño, Ramón Martínez Vázquez, José-Manuel-Ernesto Tomé Martínez e Constante Tomé Tomé; condenaron a 15 anos de cadea a Víctor Acuña Fontán; penas de 12 anos e un día para: Luis de Sá Bravo e Manuel Vilas Corbacho; a Pastor Torres Paz condenárono a catro anos e declararon fuxido a Inocente Filgueira Pérez.

Separado no servizo e baixa na escala de mestres o día 11/05/1940.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra e concédeselle a prisión atenuada o día 17/10/1940.

Volveu á ensinanza privada no Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa.

Rehabilitado nos anos sesenta, traballou de mestre en Noia (A Coruña), Xanceda (A Coruña) e en Cambados (Pontevedra) no anos sesenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.