← Volver atrás

Salgado Torres, Antonio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 29/01/1974 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Estudante, 16 anos. Veciño da Coruña. Estudante na Escola Profesional de Comercio coruñesa. Irmán dos tamén falanxistas e represores Enrique Salgado Torres, José Salgado Torres e Rafael Salgado Torres.

Falanxista. Despois da detención dos líderes de Falanxe cando se produce o triunfo da Fronte Popular (FP) Antonio, con outros, serviu de enlace entre os mandos no exterior e os encadeados.

Represor.

Triunfante o movemento militar rebelde participou nas tarefas de represión, con funcións de vixilancia, delación e mantemento da orde pública. Logo incorporouse ao exército faccioso na fronte asturiana.

Xa volto da fronte foi secretario e logo xefe provincial das Organizacións Xuvenís.

En novembro de 1939 participou no traslado a ombreiros dos restos de José-Antonio Primo de Rivera.

Co paso do tempo ingresou no Opus Dei.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha