Nacemento:
Morte:
Profesor mercantil e político, 22 anos. Veciño da Coruña. Irmán dos tamén falanxistas e represores Antonio Salgado Torres, José Salgado Torres e Rafael Salgado Torres. Estudou na Escola Profesional de Comercio da Coruña e rematou no ano 1930; esta escola foi a orixe das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (XONS) na cidade herculina. En 1931 era oficial 3º na Deputación Provincial da Coruña.
Falanxista da Vella Guarda. Participou na fundación da Falanxe coruñesa o día 02/05/1934. Foi un dos primeiros militantes de Falanxe Española (FE) na Coruña, que dirixía Juan Canalejo Castells.
Activista radical ultra-dereitista, prendérono e encarcerárono en maio de 1936 con outros camaradas por provocar desordes públicos e por conspirar contra o Goberno da Fronte Popular (FP).
Represor.
Nos primeiros días do alzamento participou cos seus irmáns nos traballos de "limpeza, pacificación e control", nos que colaboraron coa Garda Civil e os militares.
Ao seu irmán Rafael nomeárono en setembro de 1936 xefe local de Milicias na Coruña e conta cos seus irmáns para a depuración política das esquerdas.
Participou co exército golpista, na compañía dos seus irmáns, nas operacións militares da Fronte Norte, como alférez de Artillería. Rematou a contenda co grao de capitán de complemento.
Enrique participou como vogal en varios consellos de guerra durante a contenda española.
Rematada a contenda ocupou importantes cargos no franquismo: delegado provincial de Sindicatos da Coruña en 1946, director xeral do Instituto Nacional de Vivenda, xerente dos servizos do Movimiento en 1975, director xeral de Xestión e Financiamento da Seguridade Social en 1976, procurador nas Cortes de 1955 a 1971...
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.