Nacemento:
Morte:
Militar e político, 39 anos. Solteiro; tiña unha moza que quedaba en estado dunha nena. Veciño da Coruña. Os seus pais tiñan un forno-panadería na rúa do Socorro, na Coruña, rúa na que tivo o seu domicilio. Retirouse como tenente de Intendencia por mor da Lei Azaña. Irmán de Antonio Canalejo Castells.
Juan Canalejo foi un verdadeiro “incendiario social” (Luis Lamela).
Xa en 1933 ingresou en Falanxe Española (FE) na Coruña, da que foi un dos fundadores; formou parte dos seus órganos directivos na cidade herculina cando se formou a Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS), que tiñan o local social no número 28 da rúa Barrera, na Coruña.
En 1934 reorganizou o grupo e iniciaron unha escalada de accións violentas e provocacións; o seu era a práctica da violencia (afirmación do propio José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia).
Militante do Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García, partido do que o expulsaron en xullo de 1934 co seu irmán Antonio Canalejo Castells cando os sorprenderon, o día 15/06/1934, no local social do PRR colocando propaganda fascista.
Metérono no cárcere por colocar unha bandeira de Falanxe nun centro das esquerdas en Ferrol (A Coruña) e liberárono pouco antes de producirse a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934. Neses momentos ofrécese ás autoridades militares para facer fronte cos seus homes (uns 30 escuadristas) aos folguistas. Participou en tiroteos contra dos mitins das esquerdas e dos republicanos. Tratou de rebentar, pistola en man, un mitin de Manuel Azaña Díaz na Coruña. O día 01/11/1934 asaltou o Casino Republicano e detívoo a Garda Civil.
En xuño de 1935 roubou os arquivos dos afiliados de Esquerda Republicana (ER) da Coruña. En novembro dese ano 1935 noméano xefe territorial de “Primera Línea” de Falanxe Española (FE) en Galicia.
O triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 lévao á acción terrorista cos seus escuadristas, realizando prácticas de tiro na praia de Bastiagueiro e outros campamentos clandestinos. Diante das accións terroristas, en abril de 1936 arrestaron 30 falanxistas na Coruña na aplicación da prohibición de FE que decretara a FP. Canalejo, grazas a unha delación, escapou da captura e agochouse en Betanzos (A Coruña).
Golpista. Axustizado.
Detida a cúpula de Falanxe tamén en Madrid, Canalejo marcha á capital para colaborar na preparación das accións de apoio ao golpe militar, pero tamén o arrestaron o día 18/05/1936 e internárono no cárcere Modelo, onde coincide coa cúpula do seu partido, entre eles José-Antonio.
Cando as forzas franquistas rodean Madrid e se sitúan a pouco máis de dous quilómetros do cárcere Modelo, prodúcese a evacuación dos presos a outros cárceres, pero a algunhas destas expedicións de traslado desviáronas e remataron en asasinatos masivos. A Juan Canalejo sacaríano con outros 15 presos, na noite do 4 ao 5 de novembro, e fusilárono esa mesma noite en Paracuellos de Jarama (Madrid).
Ao producirse a súa morte, a dirección de FE na Coruña pasou a un dos seus compañeiros, Carlos Colmeiro Laforet.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.