← Volver atrás

Salgado Torres, Rafael

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

A Coruña
- 23/10/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 20/09/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Perito mercantil, profesor e político, 21 anos. Casou o 16/07/1945 con María del Carmen Abelenda Regueiro. Tiveron catro fillas e tres fillos: María del Carmen, María del Pilar, María-Cristina, María del Rosario, Rafael, Pedro e Jorge. Veciños da Coruña. Estudante na Escola Profesional de Comercio coruñesa. Irmán dos tamén falanxistas e represores Antonio Salgado Torres, Enrique Salgado Torres e José Salgado Torres.

Falanxista coruñés da Vella Garda. Un dos primeiros militantes de Falanxe Española (FE) na Coruña.

Detido e encarcerado en maio de 1936 con outros camaradas por provocar desordes públicos e por conspirar contra o Goberno da Fronte Popular (FP).

Golpista. Represor.

Despois do golpe de Estado, en setembro de 1936, noméano xefe local de Milicias na Coruña para labores de "limpeza, pacificación e control", nas que conta co apoio dos seus irmáns e co obxectivo da depuración política das esquerdas.

Incorporouse ao exército rebelde como alférez provisorio na fronte do Principado de Asturias. Mutilado de guerra co grao de tenente de Infantería.

En 1943 era Delegado Provincial de Información e Investigación de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) na Coruña e concelleiro da cidade.

O día 17/01/1943 impuxéronlle na Coruña a medalla da “Vieja Guardia” xunto con outros 63 falanxistas.

De 1948 a 1956 foi alcalde franquista de Bergondo (A Coruña).

Membro do Consello Nacional do Movimiento. Procurador das Cortes franquistas de 1958 a 1971. Vicepresidente da Deputación da Coruña. Presidente do Instituto Nacional de Previsión (INP) na Coruña. Presidente do Real Club Deportivo da Coruña de 1952 a 1953...

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha