← Volver atrás

Sampedro Vázquez, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

A Pontenova
(Lugo)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Practicante e político, 25 anos. Solteiro. Veciño de Santiago de Vilaoudriz, A Pontenova. Irmán de Miguel Sampedro Vázquez, sancionado, encarcerado e morto na cadea. Practicante de Vilaoudriz desde novembro de 1931.

Secretario da Agrupación Local do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) de Vilaoudriz no ano 1933. Sindicalista nas minas de Vilaoudriz.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Formou parte do comité da Fronte Popular da súa localidade e de Vilameá na defensa da República.

Foxe e ocultouse na súa casa varios meses; os rebeldes fixeron varios rexistros pero non deron con el.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 1017/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 14/04/1937. Proceso desenvolto contra varios veciños da Pontenova.

Condenaron á pena de morte a: Manuel Enríquez Fernández e José-María Gallo Gallo; castigos de cadea perpetua para: Benjamín Martínez Rodríguez e Jesús Rodríguez Gutiérrez. O auto ditou sentenza de sobresemento provisorio para: Anselmo Basanta Cancio, Manuel Lombardía Muruais e Darío López López, e declarou fuxidos a: Manuel Lastra Corredoira e Jesús Sampedro Vázquez.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 90/37, co resultado de ser tamén declarado fuxido e en rebeldía.

Declararon fuxidos neste procedemento a: José Murias Rodríguez e Jesús Sampedro Vázquez.

Entregouse ás novas autoridades franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 27/05/1939.

Interno na dita prisión, puxérono en liberdade condicional o día 31/071940, que se publicou no BOE nº 220 do día 07/08/1940.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña en 1937 e indultárono no ano 1941.

Nos anos corenta exerceu de practicante na Pontenova e Casou en 1941 con María de las Mercedes Gallo Lamas.

Exiliouse en Venezuela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha