Nacemento:
Morte:
Xornalista e escritor, 48 anos. Casou na Habana (Cuba) con Josefa Albertí (emigrante catalá); tiveron dous fillos. Estivo emigrado en Cuba, onde escribiu a novela La caída de un cacique no ano 1922 e dirixiu o xornal Ideal Gallego entre 1925 e 1930. Retornou á Estrada na II República e montou unha academia de ensinanza para adultos.
Foi membro da Comisión de Prensa do Centro de Emigrados e no ano 1931 elixírono secretario da Federación Agraria. Defensor e propagandista do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) desde febreiro de 1933, participando en varios mitins.
Dirixiu os xornais La Vanguardia (órgano do Partido Republicano Socialista), El Emigrado ata agosto de 1935 e La Tranca. Correspondente de El Pueblo Gallego e colaborador co xornal de Silleda La República.
Fuxido.
Cando se produce o alzamento sedicioso andou fuxido e, entre outros lugares, refuxiouse na casa do seu amigo, escritor e xornalista, Manuel García Barros, disfrazado de xornaleiro.
A causa que se abriu na súa contra rematou sobresida.
No ano 1940 ábreselle un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña co resultado de indulto no ano 1941.
Instalouse no Codeso, Santa María de Aguións, A Estrada e sobreviviu como viaxante durante uns anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.