← Volver atrás

Sánchez-Ocaña Beltrán, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1874 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 12/08/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 62 anos. Ingresou na arma de Cabalería no ano 1888 e despois pasou á de diplomados do Estado Maior. Participou na Guerra de Marrocos, en 1926 ascende a xeneral e en novembro de 1931 a xeneral de división.

Durante a II República foi xefe da IV División Orgánica (Barcelona) e da V División Orgánica (Zaragoza). Sendo xeneral de división, xa na II República, en xullo de 1931 nomeárono director da Escola de Estudos Superiores Militares. En febreiro de 1936 designárono xefe do Estado Maior Central do Exército na substitución de Francisco Franco Bahamonde.

En xullo de 1936 era un dos 24 xenerais de división en activo.

Depurado.

Cando se produce o golpe de Estado non se une aos rebeldes e mantívose fiel á República. Aínda así, o Goberno republicano destituíuno do seu cargo na noite do 18 ao 19 de xullo de 1936 e, o 16/08/1936, causa baixa definitiva no Exército por orde do ministro de Guerra.

Nos anos posteriores non sofre represalias de ningún dos dous bandos, pero xa non volveu ocupar ningún posto militar activo con posterioridade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha