← Volver atrás

Sangenís Sabater, Miguel

Alcume: Miguel Santelices
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Barcelona
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Axente publicitario, mineiro e sindicalista, 34 anos. Chegou a Santiago de Compostela (A Coruña) en xuño de 1936 nunha xira de conferencias e para encargarse dunha escola racionalista que tiña na Avenida de Vilagarcía.

Anarquista.

No ano 1935 era colaborador de Solidaridad Obrera e asinou artigos en Avance Marino.

Exiliado.

Despois da guerra traballou como contramestre nas Minas de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame (A Coruña), de 1940 a 1947, onde protexeu e agochou nos montes próximos a moitos fuxidos.

Axente de enlace co Comité Nacional da CNT. En 1947, en Santiago de Compostela, tenta con Manuel Torres Picón reorganizar a Federación Local da CNT e fai moitas viaxes a Madrid para relanzar o Comité Rexional de Galicia.

Reclamouno o Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.

Exiliouse en Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha