← Volver atrás

Sarria Delgado, Reinaldo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado. Depurado

Nacemento:

Vilar de Silva, Rubiá
(Ourense)
- 24/07/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valdoviño
(A Coruña)
- 01/01/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, pedagogo e político, 29 anos. Casado coa mestra Elena Rollón Mariñas (O Bierzo, León); tiñan catro fillos: Lalo, Toño, Geles e Elena. Veciños de Aviño, Santalla de Valdoviño, Valdoviño (A Coruña)Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense e aprobou as oposicións de Maxisterio en 1928. en 1931 era mestre de Vilardesilva, Santo Estevo de Pardollán, Rubiá. Mestre nacional de Aviño desde setembro de 1934.

Membro da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT).

Concelleiro e 1º tenente de alcalde de Valdoviño no ano 1936 polo Partido Galeguista (PG), dentro da coalición da Fronte Popular (FP); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe militar.

Tiña como compañeiros na Corporación de Valdoviño de 1936, entre outras persoas, a: Frutos Burgos Ramos (alcalde), exiliado; José Ambrós Gordillo, asasinado; Joaquín Pérez Garre, fuxido; José López González, procesado; Albino Dopico Gutiérrez, asasinado; José-Antonio Dopico Rodríguez, sancionado; Ramón Naveiras Soto, sancionado.

Fuxido. Executado. Depurado.

Despois do golpe de Estado fuxiu e marchou cara O Bierzo, de onde era a súa dona e onde traballou de condutor de autobús.

Morte rexistrada, despois de ser torturado, por mor dunha hemorraxia interna provocada por unha malleira dos falanxistas, logo de que a mestra de Atios, Santalla de Valdoviño, enganara á súa dona pedíndolle que volvera para amañar os seus papeis e recuperar a súa praza.

Sancionárono coa separación definitiva do servizo e baixa na escala de mestres no ano 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha