← Volver atrás

Schweiger Damboech, José-Bruno

Alcume: Capitán Bruno, Bruno o Alemán
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Múnic
(Baviera, Alemaña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Enxeñeiro. Nazi. Casado con Bárbara Schaffer Meister (+Lugo 1941); tiveron unha filla: Asunción-Beatriz. Veciños da Mouta, Marín (Pontevedra).

Represor.

Despois do golpe de Estado dos militares rebeldes foi xefe da Centuria de Zapadores de Falanxe en Marín. Participou na represión dos republicanos da comarca de Pontevedra, sendo xefe das brigadas falanxistas que actuaban en Marín, Cangas e Moaña. Nestas brigadas figuraba, entre outras persoas, Alfonso Temes Diéguez, tamén implicado en varios asasinatos.

Participou nas execucións de Raimundo Rodríguez Neira, o día 13/08/1936, e, o día 18/08/1936, na de Carmen Pesqueira Domínguez, a Capirota; esta última polo “grave delito” de saír na defensa dun home ao que os falanxistas, que dirixía Bruno, estaban a darlle unha malleira.

A Centuria de Zapadores de Falanxe, que dirixía, incorporouse á fronte do Principado de Asturias en novembro de 1936; o día 21/02/1937 Schweiger resultou gravemente ferido.

Ao rematar a guerra civil pasou a vivir en Vigo (Pontevedra).

Puxéronlle o axeitado alcume de O Carniceiro do Morrazo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha