← Volver atrás

Seijo Palmeiro, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casado con Olimpia Barcia Fernández, denigrada e encarcerada. Veciños dos Xicos, San Vicente de Regoela, Cabanas (A Coruña). Cuñado de Amador Barcia Fernández, Xicos, guerrilleiro antifranquista fuxido e exiliado.

Exiliado.

Despois do golpe militar fascista Antonio non quixo fuxir ao monte como fixeron moitos dos seus veciños. Sempre colaborou cos fuxidos levándolles comida e recolléndolles a roupa para lavar.

Antonio rematou por emigrar cara a República Arxentina.

Á súa dona premeuna a Garda Civil para que delatase os agochos do seu irmán Amador Barcia e doutros veciños; levábana ao monte e dábanlle malleiras para que os descubrise, igual que ao seu pai. Tamén os ameazaron de morte. O día 15/03/1943 detivérona con algunha veciña e xulgáronas na causa 207/43, acusadas de acoller nas súas casas a guerrilleiros e de proporcionarlles comida e roupa. Olimpia permaneceu dous meses no cárcere de Ferrol (A Coruña).

Cando Amador pasou a Francia no ano 1946, a súa familia seguiu apoiando a guerrilla da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha