Nacemento:
Morte:
Empresario e político, 39 anos. Casado. Veciño de Cambados. Emigrado na República Arxentina e, ao seu regreso, sería propietario da empresa de autobuses Plus Ultra, que cubría a liña de Cambados a Pontevedra. Despois abriu o Café Sakuska. Máis tarde puxo un coche de servizo público.
Militante do PSOE e da UXT. Elixido alcalde de Cambados o día 15/03/1936 pola Fronte Popular (FP). Secretario da Agrupación Socialista (AS) en Cambados.
Encarcerado.
O día 20/07/1936 fórmase un Comité de Defensa da República que preside o alcalde José-Manuel Silva Losada e no que figuran Manuel Bugallo Martínez, Antonio Chaves del Río, Juan-José Varela Oubiña e Peregrino Pontevedra González. O Sindicato de Oficios Varios declara a folga xeral revolucionaria con requisas de armas e asaltos a domicilios; na noite deciden asaltar o cuartel da Garda Civil e morre a dona do cabo comandante do posto. O día 21 de xullo chegan forzas golpistas da Garda Civil e sufocan a resistencia.
Detido e o día 24/09/1936 posto a disposición do comandante militar de Pontevedra polo delegado de Orde Pública, xunto con Elías Porto Trigo, 38 anos, armador, e Antonio Chaves del Río, 50 anos, mariñeiro, detidos no cárcere de Cambados.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 10/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 1123/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste proceso enxuizaron a: Manuel Bugallo Martínez, mariñeiro; Antonio Chaves del Río, mariñeiro; Manuel Martínez Piñeiro; Peregrino Pontevedra González, mariñeiro; José-Manuel Silva Losada, empresario, e Juan-José Varela Oubiña, mariñeiro.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937.
Enviado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 20/07/1940.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.
Interno na Prisión Central de Figueirido, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 267 do día 24/09/1941.
Despois adicouse aos seguros, representacións e outros negocios.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.