← Volver atrás

Soliño Medina, Elías

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castropol
(Principado de Asturias)
- 13/12/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 26 anos. Veciño de Ribadeo (Lugo).

Fuxido. Executado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 335/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Ribadeo.

No dito auto impúxoselle a pena de morte a José-María Rodríguez Corbeiras; prisión para Salvador González Álvarez e sobresemento provisorio para: Manuel Rodríguez Monteavaro e Modesto Ramos Martínez. Declaráronse fuxidos a: Viriato Campoamor García, Máximo López Castaño, Manuel Margolles Déspora, Blanca Quiroga Martínez e Elías Soliño Medina.

Combate no exército republicano na fronte do Principado de Asturias na guerra civil.

Capturado polos rebeldes en Castropol.

Ingresado no depósito de Ribadeo o día 13/11/1937, do que sae ese mesmo día cara o Principado de Asturias.

Xulgado en consello de guerra no Principado de Asturias co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas en Castropol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha