← Volver atrás

Suances Jáudenes, Pablo

Alcume: o Suances
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 12/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 11/10/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 35 anos. Casado con N. Siljestöm; tiveron un fillo: José-María. Veciños de Ferrol. Capitán de corveta da Armada con destino en Ferrol en 1936.

Golpista.

Cando se produce o golpe militar, foi dos primeiros en unirse aos golpistas na cidade de Ferrol.

Actuou como testemuña da acusación no xuízo contra o contra-almirante xefe do Arsenal, Antonio Azarola Gresillón, unha das súas primeiras fazañas bélicas.

Despois comandou o submarino General Sanjurjo, do o día 19/04/1937 ao 12/04/1938, co que realizou varias operacións dos rebeldes no Mediterráneo, entre elas o afundimento da motonave de transporte de tropas Ciudad de Barcelona.

Contra-almirante no ano 1955 e xefe do Arsenal de Ferrol. No ano 1960 era capitán xeral de Ferrol e pasou á reserva, como almirante, no ano 1971.

O seu primeiro apelido pode aparecer como Suanzes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha