← Volver atrás

Suances Piñeiro, Ángel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 05/12/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e escritor, 54 anos. Mariño da Armada, capitán de fragata con destino no Arsenal de Ferrol en 1936.

Golpista.

Axudante Maior do Arsenal de Ferrol, do que era xefe o contra-almirante Antonio Azarola Gresillón, cando se produce o golpe dos sublevados.

Uniuse aos militares rebeldes desde o primeiro momento da sublevación. Acompañou ao comandante de Artillería Miguel López Uriarte á entrevista con Azarola coa intención de saber de que lado estaba este; Azarola negouse a unirse á sedición e considerouse arrestado no seu domicilio.

Participou como testemuña no proceso en contra do anterior xefe do Arsenal e xefe directo de Suances, Antonio Azarola Gresillón, a quen fusilaron os rebeldes dúas semanas despois, o 4 de agosto de 1936.

Comandante de Mariña en Ferrol desde 1939. Creador e primeiro director da Escola Náutica da Coruña. Ascendérono a contra-almirante en 1944, cando se retirou.

Colaborou coas revistas Cuaderno de Tiro Naval e Revista General de Marina e co xornal El Ideal Gallego.

Membro correspondente da Real Academia Galega (RAG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha