← Volver atrás

Taberneiro Fraiz, José-María

Alcume: o Rolo de Vilapouca
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

Santa María Madanela de Montes, Forcarei
(Pontevedra)

Morte:

Santa María de Alba, Pontevedra
- 11/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político. Veciño de Vilapouca, San Nicolao de Ventoxo, Forcarei. Emigrado en Cuba e, despois, nos Estados Unidos durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja; regresou cando se estableceu a II República; abriu unha tenda en Vilapouca.

Agrarista. Militante do PSOE, xa o elixiron concelleiro na corporación do ano 1922. 2º tenente de alcalde de Forcarei na corporación da Fronte Popular (FP) no ano 1936, polo PSOE.

Paseado. Desaparecido.

No momento do alzamento perseguírono e tiroteárono os falanxistas na súa casa; foxe cara Grobas, San Amedio de Millarada, Forcarei.

O día 11 de agosto volve a Vilapouca por mor das seguranzas que lle deran de que nada lle pasaría; prendérono os falanxistas esa mesma noite, con outras persoas, e baixáronos a Pontevedra nunha camioneta. Ao día seguinte apareceron os cadáveres de catro persoas en Alba.

Morte rexistrada en Alba, na estrada de Pontevedra a Santiago de Compostela.

Descoñécese onde o soterraron.

Nese día os falanxistas de Cerdedo e de Soutelo de Montes asasinaron a: Jesús González González, Pernas; José-María Taberneiro Fraiz, Rolo; José Torres Paz e José Cortizo González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha