← Volver atrás

Teijeiro Pérez, Jesús

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

Santiago de Baamonde, Begonte
(Lugo)
- 05/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Grado
(Principado de Asturias)
- 27/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 44 anos. Casou en Lugo con Luisa Revilla Vidal; tiveron catro fillos. Veciños da Coruña. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo o día 02/12/1912; era segundo tenente en 1915. Participou nas campañas de África, entre noutras no desembarco de Alhucemas en 1925 ao mando da 5ª Bandeira da Lexión; alí coincide con Pablo Martín Alonso. Ascendeu a tenente coronel en 1928. Destinado á Zona de Recrutamento de Lugo. Coa Lei Azaña solicitou o retiro e pasou a vivir na Coruña.

Golpista. Represor.

Cando se produce o golpe dos rebeldes na Coruña colaborou con Luis Tovar Figueras e despois ofreceuse ao seu amigo Pablo Martín Alonso, quen lle encargou que creara e instruíra ás milicias Caballeros de la Coruña.

Máis tarde organizáronse as columnas galegas para avanzar sobre o Principado de Asturias; unha delas mandábaa o comandante José Ceano Vivas-Sabau e cando este resultou ferido de gravidade, substituíuno Jesús Teijeiro o día 04/08/1936.

Entrou en Oviedo o día 17/10/1936, rachando co cerco ao que tiñan sometida a cidade os republicanos e foi o protagonista dunha brutal represión.

Pouco despois morreu vítima dun bombardeo aéreo republicano que o sorprendeu na rúa Uría, en Oviedo (Principado de Asturias); ferido de gravidade, trasladárono a Grado para que o interviñera o equipo do doutor Sierra co resultado de morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha