← Volver atrás

Tobío Fernández, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 13/06/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 13/03/2003 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Diplomático, escritor e tradutor, 30 anos. Casou en Barcelona en 1939 con Carmen Soler. Irmán de María de los Ángeles Tobío Fernández, tamén exiliada. A familia trasladouse a Santiago de Compostela (A Coruña) cando tiña dez anos. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desde 1929 ampliou os seus estudos en Alemaña. En outubro de 1930 era profesor de Dereito Romano e de Historia do Dereito na USC. Ingresou no Corpo Diplomático no ano 1933 e envíano á embaixada española en Bulgaria, onde permanece ata meses despois do comezo da guerra civil.

No ano 1923 participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG) e desde 1931 traballou no anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Formou parte do Consello executivo do Partido Galeguista (PG).

Exiliado.

Ocupou altos cargos no Ministerio de Exteriores do Goberno republicano. En novembro de 1937 achábase en Barcelona e, en xullo de 1938, incorporouse como artilleiro na Fronte do Ebro. O día 01/12/1938 nomeárono secretario xeral do Ministerio de Exteriores.

Ao remate da guerra civil, coa súa dona, cruzaron a fronteira francesa e o día 18/03/1939 embarcaron no Queen Mary para Nova York (Estados Unidos). Pasaron a Cuba, o 11 de xaneiro de 1940 a México e o día 30/06/1940 a Montevideo (Uruguai), onde participou na creación do Consello de Galicia.

Procesárono por responsabilidades políticas.

Regresou a España no ano 1966.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha