← Volver atrás

Tobío Fernández, María de los Ángeles

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 21/02/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vitoria
(Araba)
- 13/02/2004 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionaria, 28 anos. Casou en 1931 con Pedro Martul Rey, tamén exiliado; tiveron unha filla e tres fillos: Minia, Juan-Carlos, Pedro e Luis. Irmá de Luis Tobío Fernández, exiliado. Cando tiña oito anos a súa familia trasladouse a Santiago de Compostela (A Coruña). Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Aproba as oposicións ao Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos e trasládana a Ourense.

Militante do PSOE.

Exiliada.

Cando comeza a guerra civil residían en Madrid e traballaba na Biblioteca Nacional. En 1937 trasladáronse a Orihuela (Alacante) e logo a Barcelona.

Rematada a guerra cruzaron a fronteira francesa a pé e separáronos. Cando conseguiron reunirse, embarcaron co seu fillo Pedro no buque Ipanema, chegando a Veracruz (México) o 07/07/1939.

Profesora no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, que dirixía o seu home.

Regresaron a Galicia no ano 1948, establecéndose na Coruña e, logo, en Santiago de Compostela, onde traballou como bibliotecaria do Arquivo Xeral de Galicia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha