← Volver atrás

Martul Rey, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado por once meses como consecuencia da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934

Nacemento:

Santa Baia de Camba, Rodeiro
(Pontevedra)
- 03/07/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 18/05/1982 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Catedrático e escritor, 27 anos. Casado en 1931 con María de los Ángeles Tobío Fernández. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1931. Nese ano 1931 o matrimonio mudouse a Madrid e traballou no Centro de Estudos Históricos. Gañou as oposicións de Ensino Medio e obtivo praza no Instituto de Monforte de Lemos (Lugo), onde estivo tres anos.

Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Monforte de Lemos.

Encarcerado por once meses como consecuencia da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

En decembro de 1936 ingresou na masonería, na loxa Barcelona nº 26.

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes achábase en Madrid. Trasladouse a Valencia e despois a Orihuela (Alacante), onde exerceu de profesor de Ensino Medio. Participou en Madrid na organización do 20º Batallón das Milicias Galegas. No ano 1938 destinárono, co grao de capitán, á Escola de Xefes e Oficiais de Carabineiros en Caldes de Montbui (Barcelona).

O día 05/02/1939 pasou a Francia coa súa dona e o seu fillo Pedro, ingresárono no campo de refuxiados de Montpelier e no de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Solicitou emigrar a México.

Despois marcharon a México no vapor Ipanema e chegaron a Veracruz o día 07/07/1939; alí desenvolveuse como profesor, sendo fundador, director e profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Foi amigo do presidente mexicano Lázaro Cárdenas del Río. Reuníase con outros políticos e intelectuais na casa no exilio de Indalecio Prieto Tuero.

Canto pechou o Ruiz de Alarcón en 1943 foi profesor da Escola Superior de Guerra en México DF; tamén se adicou ao negocio dos seguros.

Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Regresou a Galicia no ano 1948 e residiu na Coruña ata o ano 1955, ano no que se traslada a Santiago de Compostela. Traballou en Seguros Galicia desde 1949 e reincorporouse ao Ensino Secundario, no Instituto Arzobispo Xelmírez de Santiago de Compostela, no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.