Nacemento:
Morte:
Canteiro e sindicalista, 35 anos. Casado con Isolina Villaverde Cendón, a Cendona; tiñan dous fillos e unha filla: Francisco, Aurelio e Lola, de sete, seis e tres anos. Veciños de Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra). Irmán de Manuel Torres Lorenzo, procesado.
Militante da CNT. Dirixente do Sindicato da Construción.
Paseado.
Participou nas requisas de armas que se ordenaran desde o Goberno Civil.
Despois do golpe dos militares escondeuse co seu irmán Manuel no faiado da casa dunha veciña, mentres lles preparaban a fuxida cara o estranxeiro. Cando decidiron cambialo de agocho, a outra casa do Pazo, denunciárono gardas cívicos do lugar.
Apareceu morto e mutilado o día 23 de agosto, nunha curva entre Bora e Mourente. Torturárono salvaxemente e metéronlle os xenitais na boca.
Morte rexistrada en Pontevedra por mor de destrución do cranio.
Á súa viúva Isolina visitárona a miúdo os represores nos anos seguintes e foi vítima de continuas malleiras, igual que os seus fillos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.