← Volver atrás

Torres Paz, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Cerdedo
(Pontevedra)

Morte:

Santa María de Alba, Pontevedra
(Pontevedra)
- 11/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político. Veciño de Cerdedo. Oficial do concello da súa localidade.

Militante da Agrupación Socialista (AS) de Cerdedo, da que foi presidente en xaneiro de 1935. Concelleiro de Cerdedo. Membro da Sociedade de Labregos de Cerdedo.

Arrestárono por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e puxérono en liberdade o día 14/12/1934.

Paseado.

Membro do Comité de Emerxencia que en xullo de 1936 se significou en Cerdedo na defensa da legalidade republicana contra os involucionistas.

Despois agochouse con Francisco Varela Garrido, Sabino Bugallo Valiñas e outros compañeiros no monte do Seixo (na cova do Outeiro das Aveas).

Cando visitaba o seu fogar delatouno un veciño falanxista, detivérono e conducírono ao cuartel da Garda Civil de Cerdedo.

Na noite do 11 de agosto membros da Garda Cívica e falanxistas de Cerdedo conducírono con José Cortizo González e Manuel Garrido, o Negro, a Pontevedra; nun punto á altura de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago de Compostela, asasináronos e abandonaron os seus corpos nunha gabia da dita estrada. Manuel Garrido, ao que deran por morto, consegue sobrevivir.

Morte rexistrada en Alba, na estrada de Pontevedra a Santiago de Compostela.

Descoñécese onde o soterraron.

Nese día os falanxistas de Cerdedo e de Soutelo de Montes asasinaron a: Jesús González González, Pernas; José-María Taberneiro Fraiz, Rolo; José Torres Paz e José Cortizo González.

Procesado en causa militar, que se suspendeu ao coñecerse que morrera.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha