← Volver atrás

Trillo N., Manuel

Alcume: Manuel de Paula
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Corcubión
(A Coruña)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Propietario, 46 anos. Veciño de Corcubión. Tiña varios negocios. Axente recadador de arbitrios do Concello de Corcubión.

Militante Unión Republicana (UR).

Encarcerado. Sancionado.

Acusado polos dereitistas locais de atoparse co grupo de persoas, que se atopaban na praza do pobo o día 25/07/1936, cando chegaron as forzas golpistas da Garda Civil e dos falanxistas, mandadas polo tenente Rodrigo Santos Otero, para “pacificar” a localidade; localidade que estaba en total calma e de festividade.

Tamén o acusaron de realizar disparos contra as tropas rebeldes en Cee (A Coruña) o día 25/07/1936, nunha investigación sospeitosa, que fixo o dito tenente Rodrigo Santos; ingresárono na cadea de Corcubión.

Xulgado en consello de guerra o día 13/11/1936 na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1079/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión, interdición e inhabilitación absoluta.

Pasou polas cadeas da Coruña, Burgos e Astorga (León).

Puxérono en liberdade condicional en xullo de 1940.

En outubro de 1941 conmutáronlle a pena pola de tres anos e nove meses.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha