← Volver atrás

Santos Otero, Rodrigo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil. Casado. Veciños de Corcubión (A Coruña). Tenente da Benemérita. Pai de Rodrígo Santos González, tamén represor.

Estaba destinado no posto de Corcubión como número da Garda Civil xa no ano 1912. Simpatizante das dereitas, fixo todo o posible e imposible para favorecer nas eleccións aos partidos conservadores bugallistas.

En abril de 1936, con outros gardas civís, procesárono por un motín contra a legalidade republicana e a Santos Otero castigárono co destino a Xaén; este castigo nunca se chegou a cumprir pois aínda estaba na Coruña cando se produce o movemento rebelde fascista.

Golpista. Represor.

Co golpe de Estado púxose á fronte de gardas civís, falanxistas, Exército e membros da Garda de Seguridade e Asalto para afogar a resistencia na Costa da Morte.

José Alborés Gándara (alcalde de Vimianzo) evitou o enfrontamento de Santa María de Baio, Zas (A Coruña) entre os republicanos e os falanxistas sublevados.

O día 25 a Garda Civil e un grupo de falanxistas, liderados polo tristemente afamado tenente Rodrigo Santos, entraron no castelo de Vimianzo e retiraron os símbolos da ocupación; deteñen ao secretario García Ferreiro, a quen sentenciou á pena de morte un tribunal militar en marzo de 1937 por este acto, que se considerou subversivo e, finalmente, executárono na primavera de 1938. Os irmáns Alborés conseguiron fuxir ao monte: José andaría escapado polos montes de Soneira durante 14 anos, Manuel sería detido, torturado e paseado.

Na mesma tarde do día 25, xa en Cee, desaloxou a tiros aos sindicalistas que se atopaban pechados na Casa do Pobo e onde resultou gravemente ferido co resultado posterior de morte, Pedro Ozón, Comán, garda municipal desta localidade. Contou para esta “valente” operación coa colaboración de falanxistas e cos gardas civís de Cee, que mandaba o sarxento José Pérez Durán. Continuaron despois a Corcubión para “pacificar” a localidade.

No ano 1936 era tenente da Garda Civil e comandante do posto de Corcubión, posto desde o que fixo moito dano ás persoas de esquerdas da zona. Buscou testemuñas falsas e mentiras ata que rematou co ex-alcalde José Miñones Bernárdez no paredón.

Tomou parte en accións represoras na Costa da Morte, acompañando ao capitán de Infantería Roger Oliete Navarro, para bater grupos rebeldes que seguían actuando en Vimianzo, Corcubión, Cee, Ponte do Porto e outras poboacións limítrofes. A estas forzas axudáronas civís, que desde o primeiro momento se ofreceron a traballar co Exército pola salvación de España. Coa mesma rapidez que na cidade da Coruña levouse a cabo a reconquista e pacificación dos pobos da provincia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.