Nacemento:
Morte:
Tiña 30 anos. Casada en 1929 co político e científico Bibiano Fernández Osorio-Tafall; tiveron dous fillos e unha filla: José-Ángel, María del Carmen e Manuel. O seu home desenvolveu a dirección do Instituto de Pontevedra, membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), presidente da Deputación de Pontevedra e deputado nacional en dúas lexislaturas. Bibiano participou no Pacto de Lestrobe.
Fernández Osorio-Tafall tamén exerceu de secretario da Federación Republicana Galega (FRG); en 1932 presidiu a Asemblea de Municipios para discutir e redactar o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). No ano 1934 destituírono da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra por orde do gobernador civil Diego Fernández Gómez, no marco dos sucesos vencellados á folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Despois das eleccións de febreiro de 1936, o seu home sería secretario da Xunta Nacional de Esquerda Republicana (ER) e, de novo, alcalde de Pontevedra. Subsecretario de Traballo e de Gobernación en Madrid no ano 1936.
Vítima colateral.
Pouco antes de comezar a guerra civil Josefina e os seus fillos desprazáronse a Pontevedra de vacacións, mentres o seu home permanecía en Madrid.
Despois do golpe de Estado a Bibiano, en 1938-1939, nomeárono comisario xeral de Defensa da República Española. O seu home exiliouse en Francia e logo en México.
Josefina pasou un ano e medio na cadea e sufriu moitas represalias dos franquistas.
A familia xa non volveu a xuntarse e o seu home casou e refixo a súa vida en México.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.