← Volver atrás

Valle Fernández, Divina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

Carballeda de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrega, 24 anos. Compañeira do guerrilleiro antifranquista Domingo Rodríguez López, Xirolo, o Inca. Veciña de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras.

Encarcerada. Exiliada.

Acolleu na súa casa a fuxidos da represión franquista, onde os guerrilleiros deron morte a un membro da Garda Civil, motivo polo que a prenderon.

Xulgada en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 71/39, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Castigaron neste xuízo a 15 anos de cadea a Divina Valle Fernández e absolveron a Mateo Valle León.

Interna na Prisión Central de Celanova (Ourense).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Ourense.

Cando a puxeron en liberdade regresou a Ricosende, Santa Isabel de Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras, integrouse na rede de enlaces da guerrilla e foi compañeira sentimental do Xirolo.

Procesárona por responsabilidades políticas e indultárona.

No ano 1948 exiliouse en Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha