← Volver atrás

Varela Bouza, Amelia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Encarcerada

Nacemento:

Bañobre, Santa María de Castro, Miño
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrega e política, 28 anos. Veciña de Santa María de Verís, Irixoa (A Coruña). Irmá de Juan Varela Bouza, fuxido e logo encarcerado e de José Varela Bouza, Pepe o Lobo, asasinado nunha palleira.

Durante a II República participou nos actos políticos das esquerdas en Miño.

Fuxida. Encarcerada.

Agachouse en Irixoa co socialista Manuel Tenreiro Mosquera pero prendéronos os franquistas.

Detida e procesada na causa 310/38 contra o seu curmán, Manuel Tenreiro Mosquera, e outros.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a Manuel Tenreiro Mosquera; a 12 anos a Manuela Cabana López e descoñécese o sentido da sentenza de Amelia Varela Bouza.

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña), o día 12/05/1939, polo delito de encubridora da rebelión militar co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas, o día 14/10/1940, co resultado dunha sanción de 1000 pesetas.

Interna no campo de concentración de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa).

Despois da súa posta en liberdade en agosto de 1941, traballou de criada en Madrid e morreu a finais dos anos oitenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha