Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 25 anos. Veciño de Bañobre. Irmán de Amelia Varela Bouza, encarcerada, e de José Varela Bouza, asasinado nunha palleira.
Acusárono do incendio da igrexa de Santa María de Castro o día 10/04/1936 co seu irmán José.
Fuxido. Encarcerado.
Desapareceu do seu domicilio nos primeiros días do golpe militar.
Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción nos primeiros días despois do golpe sedicioso na que se certifica a súa desaparición.
O día 11/08/1937 foxen de Miño na pequena lancha motora Golondrina varios republicanos que levaban tempo agochados. A fuga organizárona o ex-alcalde de Miño Ricardo Pérez Medín e a súa dona Francisca López del Río. Saíron de Miño e chegaron a Marennes (Nova Aquitania, Francia); mandáronos aos poucos días a Rochefort (Nova Aquitania, Francia), onde os meteron nun tren cara Barcelona, á que chegaron o día 17/09/1937.
Dos 11 fuxidos, nove eran de Miño: Manuel Barros Serrano, labrego; Antonio González Basanta, mariñeiro; Francisca López del Río, traballo na casa; Abelardo López Varela, xornaleiro; Ricardo Pérez Medín, albanel; José Rodríguez Pérez, mariñeiro; Francisco Rodríguez Quintas, ferreiro; Antonio Somorrostro Pérez, labrego, e Juan Varela Bouza, labrego. Tamén fuxiron Andrés Fraguas, que era madrileño, e Manuel Salorio Díaz, veciño da Coruña.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar (roubo da motora Golondrina) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Incorporouse ao Exército Popular da República en Barcelona; despois da derrota republicana arrestárono as tropas rebeldes e pasou varios anos na cadea.
Morreu nos primeiros anos da década dos sesenta no máis absoluto abandono.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.