← Volver atrás

Salorio Díaz, Manuel

Alcume: o Coruñés
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 18 anos. Veciño da Coruña.

Fuxido.

Nos primeiros momentos despois do golpe de Estado formou parte do grupo paramilitar Caballeros de La Coruña, que pronto abandonou.

O día 31/08/1937 foxen de Miño (A Coruña), na pequena lancha motora La Golondrina, varios republicanos que levaban tempo agochados. A fuga organizárona lo ex-alcalde de Miño Ricardo Pérez Medín e a súa dona Francisca López del Río. Saíron de Miño e chegaron a Marennes (Nova Aquitania, Francia); mandáronos aos poucos días a Rochefort (Nova Aquitania, Francia), onde os meteron nun tren cara Barcelona, á que chegaron o día 17/09/1937.

Dos 11 fuxidos, nove eran de Miño: Manuel Barros Serrano, labrego; Antonio González Basanta, mariñeiro; Francisca López del Río, traballo na casa; Abelardo López Varela, xornaleiro; Ricardo Pérez Medín, albanel; José Rodríguez Pérez, mariñeiro; Francisco Rodríguez Quintas, ferreiro; Antonio Somorrostro Pérez, labrego, e Juan Varela Bouza, labrego. Tamén fuxiron Andrés Fraguas, que era madrileño, e Manuel Salorio Díaz, veciño da Coruña.

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (roubo de La Golondrina) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha